Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Sin Clasificar

A soidade non se comparte

A tarde estaba sendo a típica tarde de praia, chegara deica as seis, tirárame xunto os meus colegas e comezamos a falar das nosas cousas, e coma non, estando na praia, das típas cachondas que se puñan a tiro da nosa vista. Chasquidos, codabazos e rápidos xiros de pescozo, en ocasións de mais de noventa graos. Algún chapuzón cando apretaba o calor, comentabamos como nos fora a semana e xa íamos planexando o fin de semana que tiñamos por diante.
Xa debían ser preto das sete da tarde e o día comezaba a nubrarse, non moito, pero de cando en vez algunha nube tapaba o sol, baixando a temperatura dos nosos corpos tendidos nas toallas. Nun xiro de cabeza decateime da chegada dunha nova rapaza, unha planta impresionante, vestía unhas mallas apretadas e un top todo en negro, e tiña unha expresión coma de estar ausente na súa cara, de non decatarse da xa pouca xente que quedabamos na praia. Os meus amigos pouco tardaron en decatarse da sua chegada, e coma non, comezaron os comentarios:
-Menudo pivón!
-A ver como se quita a roupa, encántame.
As expresións típicas dun grupo de tíos de maís de vintacinco anos tirados nunha praia.
Pero a min cautivárame esa expresión fría e ausente da súa cara, e a súa forma de andar e de moverse, de extende-la toalla, de tumbarse nela, non sei, tiña algo diferente ó resto das tías que mirara en toda a tarde, tiña estilo propio, e iso non se pode mercar en ningures, Túmbouse inda vestida sobre a toalla, deixando pasar certo tempo, demasiado para os meus inquedos amigos, para comezar a descalzarse primeiro, e logo quita-las mallas. Ben visto era algo moi intelixente,ó sol xa non apretaba moito e ela íase quitando roupa conforme comezaba a notar sensación de calor. Despois de quitarse o top e quedar cun biquini negro e mínimo, quedamos uns minutos cos ollos postos nela, cousa da que penso que había tempo que se decatara, pero parecía coma se o ignorara ou non lle daba importancia ningunha. Sen do xa aste e media decidimos ir tomar unha cervexa fresquiña e rematar coa sesión de praia por hoxe, eu mentres recollía ás miñas cousas mirei cara á rapaza do biquini negro, ela miraba cara a nos, pero cunha cara inexpresiva, coma se alí non estuveramos, miraba cara nos sen mirarnos, ou eso pensaba eu.
No bar eu non podía quitarme a súa imaxe da cabeza, falabamos do que faríamos pola noite, pero eu non atendía a nada, non estaba alí, estaba inda na praia. Apurei o derradeiro sorbo da cervexa, dixen que o da noite me parecia ben, sen saber o que íamos facer, e coa excusa de ir visitar unha tía miña marchei quedando en chamarnos pola noite para concreta-la hora de quedada.
Xa no coche soamente tiña na cabeza a rapaza da praia, e deica alí decidín ir, sen saber ben porque, apurando as marchas co medo de que xa non estivera alí tumbada. Aparquei preto da praia, collín a toalla e apurei o paso cara ó sitio onde ela se atopaba, xa dende lonxe, alzando a vista a mirei, fun aminorando a miña marcha e senteime no paseo para calmarme un pouco, pois estaba nun estado de ansiedade anormal en min, aproveitei para fumar un cigarro e sentado alí recapacitei pra ver se sabía ben o que estaba a facer,fumando e mirándoa xa descaradamente.
Ela decatouse da miña presencia, acercouse á orilla pra mollarse os pes, e coas mans o resto do corpo, pouco a pouco, mirando cara ó mar coma buscando algo, algo que perdera ou que lle faltara e non soubera ben o que era. Cambiou de postura na toalla, gardou o libro que tiña aberto, e vxirouse cara a onde eu estaba, pero sen mirarme a min, miraba cara o final da praia, da xa case valeira praia. Despois púxose cara arriba mirando ó ceo, aproveitando os derradeiros raios de sol, eu preso dunha ansiedade voraz, descoñecida por min, sentía a necesidade de acercarme a ela, de mirarlle a esos ollos tristes.
Acerquime, eu penso que a modiño, pero as miñas pernas pisaban firmes na area e camiñaban con decisión, maias a presa que a miña cabeza. O chegar xunto a ela díxenlle:
-Hola, ¿estás soa?.
Menuda frase que me saíu, era a peor tarxeta de presentación que un podería ter nese momento, a miña cabeza parecía non coordinar ben. Claro que estaba sóa, incruso na praia poida que estubéramos os dous sós.
-Si, claro que estou soa!
-Xa sei, perdoa e que as veces non sei ben o que fago nin o que digo.
-Xa miro. E ti tamén pareces só.
-Si, é que estaba no bar pero aburrínme de facer planes para esta noite, e non me apatecía estar agora cos meus amigos.
Incorporouse levemente na sua toalla e comezou a mirarme, agora xa miraba dunha maneira concreta, ¡mirábame a min!, e eso fíxome sentirme algo maís cómodo.
-Se deixaches ós teus amigos é que non che fan moita compaña ¿non?, díxome.
-Non, non é eso, é que non seiben..., vinte antes, cando marchamos, e algo dentro de min fíxome voltar, e eiquí estou, sen saber ben o que fago.
-Quizais fora a túa soidade a que te fixo voltar.
-Poida que si.
-Entón teño eu razón, estás só.
-Pois poida que si, pero eu non fago estas cousas, queri dicir que non son un atrevido nin moito menos.
-Xa se mira, a min non me pareceches en toda a tarde, incruso cando te sorprendía mirándome apartábasme os ollos coma avergoñado.
-Si, é verdade
Púxenme lixeiramente colorado, e pedíndo permiso estirei a toalla o seu carón e senteime onde a ela.
-Entón a soidade venceu a miña timidez. pregunteille.
-Iso parece, non ves, agora estás eiquí sentado, e fai menos dunha hora mirábasme por riba das cabezas dos teus amigos. Debe ser maior a túa soidade que a túa timidez.
-Pode ser, pero nembargantes ti tamén estás sóa, e antes, cando mirabas deica nos, parecías non vernos.
-Si, simplemente miraba, non buscaba compaña, e menos de tres tíos sós, poderíades serme uns pesados. Pero ti volveches por algo.
-Pola miña soidade, parece ser, ¿non?.
-Si, pero mellor dime que volviches por min, queda maís bonito.
-Claro, volvín por ti, pra ver se seguías sóa.
-¿Pra ves se estaba sóa, uo pra acabar coa túa soidade?, porque a soidade non é algo que se poida compartir.
-Non sei, confúndesme, por todo un pouco debeu ser.
-Pois deitate eiquí conmigo e compartamos os derradeiros raios de sol.
E deitándome na toalla, sentindo acaricierme polos derradeiros raios do sol desa tarde, deixei de sentirme só, compartindo en silencio aquel precioso atardecer na compaña dunha rapaza de profundos ollos marróns, que xa perdera esa mirada de perdida coa que chegara á praia pola tarde. Agarroume unha man e díxome:
-¡E tan triste estar só!
Datos del Cuento
  • Autor: iain
  • Código: 3379
  • Fecha: 07-07-2003
  • Categoría: Sin Clasificar
  • Media: 4.96
  • Votos: 414
  • Envios: 1
  • Lecturas: 6542
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 18.218.219.11

2 comentarios. Página 1 de 1
Moni
invitado-Moni 20-02-2005 00:00:00

Buscaba cuentos en gallego para explicar a los niños de un centro infantil el dia mundial de la lengua materna (mis padres son gallegos)y no creo que este sea el mas adecuado, por el contenido, pero no he podido resistir la tentación de escribir un comentario al ver el último que se había realizado. Algo escrito por una persona de Cataluña muy poco tolerante. Así que he preferido escribir algo antes que dejar ese comentario. Seguid adelante porque la diversidad es lo que hace que el mundo avance.

Carmen
invitado-Carmen 02-10-2003 00:00:00

¿EIN? k dius? visca el català! el gallec es molt lleig

Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.638
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.509
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 55.582.033