Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Sin Clasificar

Paxariños preñados

Preto de seis meses levaban de relación, de eles catro vivindo xuntos, e todo era perfecto, os dous devecian por unha relación estable tra-los seus movidos derradeiros anos, e non se esixían demaís un ó outro. Eran duas almas necesitadas de descanso, dun descanso que por fin atoparan xuntos, a postadolescencia e a xuventude soamente fai atormentar as almas nalgúns casos. O tempo transcorría paseniño, primeiro en días, logo en semanas, entre os seus traballos e as horas en común no piso vividas, que foron pasando da inicial paixón desbordada ó mútuo acoplamento entrte eles e o espacio compartido, sen maiores necesidades individuais.
Pasados os dous primeiros meses de vida en común, e dun dualismo ególatra típico das parellas con tantas demoras afectivas, comezaran a relacionarse cos veciños de seu edificio, en especial cunha parella da súa idade que vivía no piso de enriba. Comezaron as ceas como invitados, como anfitrións, que mais tarde serían xa ceas de amigos, pasando do formalismo distante inicial a unha amizadde necesaria, ben comprndida e compartida polas duas partes. E coma a outra parella tiña un neno de poucos meses tamén este entrou a formar parte da relación case simbiotica establecida pola necesidade de relacionarse de ambo-los dous núcleos afectivos. O neno, apenas catro meses, era coma a boneca delas e o balón deles, o seu maior punto de atención, un pequeno e sonrosado xoguete, así coma sua maior distracción, poios a hipoteca non daba para moitas alegrías.
O tempo que o piso iba disminuindo na cabeza dela, o fillo dos veciños comezaba a encher os primeirosvaleiros que deixaban as tardanzas del o sair do traballo, as horas extras e as noites que quedaba soa cando el estaba de viaxe. As visitas ós veciños comezaron a ser case diarias, e de cada vez mais longas, e o neniño era o seu distraimento e a sú compaña, onde volcar tanto afecto que devecia por dar. En pouco tempo madurou a idea de ter un fillo de seu, e expúsollo á súa parella de forma case imperativa, con argumentos de peso para ela, pero que él non compartía, inda que pouco a pouco foi cedendo na súa negativa maís por non negarllo que por estar él convencido da idoniedade da idea.
Pouco a pouco él iba afacéndose á idea de ter un fillo, sobor de todo tras un pequeno éxito profesional e monetario que lle faría vivir un pouco menos afogado; e sorprendíase a si mesmo pensando en leva-lo seu fillo de paseo, a casa dos seus pais, ..., e a imaxe que el proxectaba gustáballe, e convenceuse de que este era o momento axeitado para ser pai.
E así o sexo e o amor con almofadas pasou a ser un instrumento cara un fin común, dexesado e estudiado, para o que eles tentaban poñer todo de si. O que antes acontecía de maneira paixoal pasou a estar premeditado e programado, así unha ou dúas veces por semana dedicábanse a procrear. Acabáronse as sobremesas acarameladas no sofá e as duchas en común, todo fora polo ben dos seus órganos reproductores, e de amantes pasaron ser autómatas programados para cubrir unha preinscripción nunh parvulario.
Pero pasaban as semanas e a súa insistencia non daba fruto, e pouco a pouco os coitos comezaron a ser algo cadencial, sen ningunha clase de paixón ou cariño, os bicos foron desaparecendo do ritual, así como as caricias melosas e os rozamentos intencionados; xa non se miraban ós ollos nen se apretaban con tensión un contra o outro, a decepción mútua, inda que calada, comezaba a facer mella na súa relación.
Ela comentara no traballo a súa intención de ser nai, e agora estaba decaida e as compañeiras cando lle comezaron a preguntar fixeron que comezara a botarlle a él a culpa de non estar inda preñada, pois ela decía que puña todo de seu para ter ese fillo que tanto desexaba. El pola súa parte comentaba cos seus amigos que xa comezaba a fartarse de tantos esforzos e tanto procedemento inútil que a súa moza lle propuña cada semana para unha maior fertilidade, e comezaba a dubidar que este fora o mellor momento para ter un fillo.
A relación comezaba a enfriarse, cos veciños xa apenas quedaban, e os poucos fóronlle aparecendo compromisos inexclusabeis a cada un para sair por separado, caseque nunca xuntos, e as noites de procreación comezaron a espaciarse, marcándose cun círculo no calendario. Ela xa o culpaba abertamente de non quedar preñada, dicía que non lle puña interes ningún, que só pensaba no traballo e que de seguro non quería ter o fillo. El pola súa parte comezou a sair maís cos amigos, a fixarse en outras mulleres, e a tontear con elas abertamente, ata que unha o enredou e acabou liándose con ela.
El fora infiel, fora un erro, pero o erro repetíuse maís veces, e sempre coa misma persoa, na cal xa pensaba maís que na súa propia parella. Ela notaba algo raro, pois a infidelidade comeza cheirándose os poucos e cando te decatas xa todo está podre; sospeitaba del, pero eran inda maiores as súas sensacións de que el era esteril as de infidelidade, estaba cegada polas gañas de ser nai e non se decataba de que a súa relación estábase derrumbando. El comezou a quedar entre semana coa súa nova amante, alegando cada vez excusas diferentes, e a hora de procrear coa súa parella miraba para outra parte, e as veces imaxinaba estar con alguén distinto de con quen estaba.
Pasados tres meses ela propusolle ir ó médico para saber se era esteril e non podía procrear, como ela pensaba, él negouse taxantemente, esplotou, dixo estar xa farto de tantos miramentos, que este non era o mellor momento para pensar en ter un fillo e que debían darse un tempo para descansar de tanta presión na súa relación. Ela afundíuse, chorou, gritou, botoulle a culpa de todo e quedou tirada no sofá mentres el saia pola porta fuxindo daquela situación. A vida en común físoxe imposible, o piso afogábaos cando estaban os dous nel, evitaban o mesmo cuarto, incluso él coa excusa dun catarro durmía noutro cuarto, as necesidades mútuas fixéronse individuais. Ela non tardou en saber da súa infidelidade, e xa nada os ataba para seguiren xuntos; o piso púxose á venda, xa non amoblarían o cuarto que pintaran de azul con anxos blancos.
Datos del Cuento
  • Autor: Iain
  • Código: 5340
  • Fecha: 18-11-2003
  • Categoría: Sin Clasificar
  • Media: 5.34
  • Votos: 417
  • Envios: 2
  • Lecturas: 3393
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.15.14.33

0 comentarios. Página 1 de 0
Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.638
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.509
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 55.582.033