Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Historias Pasadas

Proud Mary

A noite anterior encontrara unha pistola de madeira nun parque infantil, collína e gardeina, con moita carallada cos meus amigos, xogando ós policias, parecendo un neno con xoguete novo.
Estiven toda a noite de troula, nos catro sitios de sempre, e a pistola comezou a semellar ser de verdade. Sentíame ben, como se o mundo fose un cadelo e a pistola unha cadea ou un bozal, co cal poderia dominalo todo. Imitaba a cara de Robert de Niro e sacaba o peito pra fora, a tripa pra dentro e camiñaba erguido a maís non poder, como un militar nun desfile de postín.
Hoxe erguínme algo tarde, de resaca e con pouca fame. Tireime nun sillón a mira-la televisión, e alí no chan atopei a pistola, casi debaixo da mesa do salón, coma caida dun soño de borracheira. Collína coma quen colle unha pesa de dous quilos, mireina recordando o asunto da noite anterior, e pensei, coma Harry o de Clint Eastwood, nena, de agora en diante seras miña.
Busqui polos caixóns un groso rotulador negro que recordaba ter por algures, atopeino con algunha dificultade e púsenme a pintala pistola, con agarimo, pouquiño a pouco, retocando cada detalliño da imperfecta madeira. Quedoume implecabel, casi semellaba de verdade.
Pasei a tarde enteira disparando a todo aquel que saía na televisión, a lámpada, ós edificios de enfronte; dispareille a todo o que se cruzaba na miña mirada case de asasino.
Despois de cear recordei que quedara cos meus amigos ás 12 no bar de María. Ducheíme, vestínme, collín cartos, e xa cando saía do piso, pasei xunto á pistola, Mary coma eu lle chamaba, e foi coma se ela chamara por min. Collínha, a metín por dentro do pantalón, tapando o bulto coa cazadora vaqueira. Cerrei a porta e collín o ascensor.
Na rúa facía algo de frío, xa se sabe coma é Ourense. Pero eu notaba a Mary xunto a min, pegada a miña carne, rozándome casi o meu sexo. E isto gostábame, e dábame seguridade, coma cando bailas cunha moza e a apretas contra ti, xuntando os dous corpos, e ti poslle as mans no cú e apretas maís todavía, coma se foas unha sandwhicheira.
No Volante había xa bastante xente, era o primeiro turno, pero os meus amigos índa non chegaran. Pedín o DYC con cola de rigor e cando me din conta estaba arrínconado xunto á máquina tragacartos.
De cando en vez pasaba-la man por Mary para colocala mellor, e ía tentando de buscarlle maís naturalidade á cara de Robert de Niro en Casino, deixando ve-la máquina tragacartos tras de min, coma se eu fose o xefe de por aquí.
Chegaron os meus amigos, e púxenme a falar con eles, coma que disimulando miña nova identidade, a eles non os tiña que impresionar, pero cara o resto do bar mantiña a mirada dura e fría e o rostro tranquilo e serio á vez, cun mínimo de tensión pero sen desfiguralo demasiado. Seguín bebendo cos meus amigos, coma se non pasara nada, se soamente fose outra noite maís de carallada, coma se eu non levase unha pistola baixo a cazadora; pero Mary apretábase na miña cintura, esta vez fría coma o xeo, coma o Miño en Ourense.
Despois de case catro horas saímos do Volante, despedímonos de María e enfilamos a rúa Lepanto cara á catedral do cristo barbudo. Torcendo cara ó bar Xavier mirei que baixaban uns tipos que uns meses atrás deránme unha boa malleira, o pasar o primeiro, empuxeino cara o muro da catedral pra darlle eu esta vez ben, pero o seguinte fixo o mesmo conmigo e fun eu a dar contra unha esquina do muro, cáseque sen escapatoria. Cun rápido movemento collín a Mary e coloqueilla a un deles na testa.
-¿Agora que, cacho cabrón?. Díxenlle
El votose para atrás, os seus amigos recuaron tras del, e sacou un coitelo, cáseque un coitelo de matanza.
-¡Ven acá fillo de puta!. Dicíame
Eu vendo xa as cousas mal, trateille de dicir que era mellor cada un seguir para o seu lado e que non houbera feridos, e mentres trataba de calmalo meteume o coitelo por entre as costelas, e a fala comezoseme a afogar.
Tirei a Mary no chan da rúa, e sangrando coma o rapaz negro de Pulp Fiction, díxenlle:
-Eu non te ía facer dano.Aquí a fala abandonoume de repente.
O día seguinte poñía no xornal:"Brutal apuñalamento nos viños,tra-la catedral.Resultou morto un rapaz de 21 anos residente en Vigo. A policia detivo a un sospeitoso, e requisou un coitelo duns 20 cm e unha pistola marca Magnum, negra e con munición". Pechei o xornal e tirei a miña pistola de madeira pola fiestra, total, non dera atopado un rotulador para pintala en condicións.
Datos del Cuento
  • Autor: Iain
  • Código: 3263
  • Fecha: 28-06-2003
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.141.201.29

0 comentarios. Página 1 de 0
Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.638
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.509
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 55.582.033