Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Hechos Reales

fodida xustiza

-- ¿Pódese...?
Menos mal que me anticipei ao meu pai pois xa o vexo dá vostede o seu permiso, meu señor.
-- Adiante, pasen, pasen.
Nunca pensara en que isto podía ocorrerme.
-- Boa tarde. Tomen asento, por favor. Sen máis cerimonias previas que o tempo é ouro ¿eres consciente, rapaz, do tremendo lío no que estás metido? Un bo lío, si señor... De cheo...
Aquel señor, de entrada todo o respectable que se queira, á hora da verdade ¿a que estaba a xogar? ¿era o meu avogado ou era o meu máis declarado inimigo, un inimigo encarnizado? O meu tío, que presume de ser amigo del, ¿a onde é que me enviou realmente? ¿Ao matadoiro?. Empezaba a dubidar...
-- ... Existen indicios máis que fundados, bastante serios, de que o seu fillo participou na manifestación que se celebrou co gallo da visita do vicepresidente do Goberno español á nosa cidade. Falo da viaxe que realizou coincidindo coas festas patronais, en realidade unha viaxe programada para lavar a cara polo do Prestige. Como a bon seguro non descoñece, todo terminou coma o rosario da aurora, de xeito violento. A nosa democrática policía cargou contra os manifestantes e estes responderon á provocación lanzando pedras e outros obxectos contundentes. Mais, o problema que hoxe nos ocupa e preocupa non se residencia aí, non, o problema está en que unha vez ramatada a manifestación un grupo, disque minoritario, queimou papeleiras e caixeiros de varias entidades financeiras. Se ben o Concello non dixo esta boca é miña, unha mercantil si que puxo unha denuncia e abríronse dilixencias. Con motivo da denuncia formulada, a policía xudicial está a investigar e hai rastros e testemuños recollidos que incriminan a determinados mozos e mozas e nesas estamos.
Outra vez coa mesma cantilena, outra vez coa mesma parida de sempre. Estes señoritos seudoprogres, estes revolucionarios prèt-a-porter e á carta: eu no sesenta e oito tamén corrín diante dos grises na facultade, levei máis dun porrazo nas costas, sabes, non me vas dar leccións ti de... Meu tio, tranquilos pois é un excelente profesional, un avogado de toda confianza, un loitador polas liberdades... En fin, eu que quero intervir, pero o meu pai que toma a dianteira...
-- O meu fillo, meu señor, é certamente algo radical nas súas ideas pero xúrolle por Deus que non interveu nesa trasnada. É unha persoa pacífica, non está ben que o diga eu pero non é un mal fillo. Aínda que sempre defendeu e defende as súas posturas con forza, con certa vehemencia, non perde o control e mantén o diálogo. Eu mesmo que son de dereitas de toda a vida tiven e teño algúns problemiñas con el pero nunca chegou o sangue ao río nin moito menos. Na política está máis preto do seu tio, que foi quen nos recomendou que viñeramos xunto de vostede, está máis próximo ao seu tío ca de min pero de terrorista nada de nada...
Alí tedes ou mellor dito alí teño ao meu vello, tremendamente afectado, aplatanado, suplicando clemencia a quen non lla podía outorgar, a puntiño de romper a chorar, disposto a todo con tal de defender a miña inocencia, e a mín, qué quederes que vos diga, que se me abrandaba o corazón, un non é de ferro...

Un amigo que estudia (estudiar, un dicir) na facultade de Dereito prestoume o Código Penal vixente para que lle bote un ollo e aínda que non é un betseller precisamente (vender vender venderá pero non é de consumo doado) o que nel se conta pon os pelos de punta. Algo de medo si que mete, amedrentar si que amedrenta.

¡¡Terrorista, terrorista...!!

Debo traer hoxe aquí na miña defensa unha noveliña melindrosa, narración chicle, Víctimas da ira, que esborranchou o meu tio (como é de ben nacidos ser agradecidos, manifesto publicamente que me apoiou incondicionalmente neste trance desagradable e que se trata dun bo tipo), máis que novela un remedo literario que o propio fiscal que el incorpora coma un personaxe de segunda fila cualifica como

“Constancia da boa sintonía, rastros ou pegadas deste extremo abundan neste bodrío de novela... como publicou un crítico, noveliña de patio de veciños, apunte de urxencias, instantáneas, breves pinceladas, literatura de tres al cuarto, variacións planfletarias, notas desafinadas sobre o mesmo tema, neste enxendro vomitivo carente de acción... substancia xelatinosa... Se se me permite o exhabrupto, pódese ser maricón e home digno pero hai que ser cabaleiros...”...

¡¡Terrorista, terrorista...!!

Nesa narración pretensiosa, frivola e debilucha en moitas das súas alíneas, debilucha ideoloxicamente falando, di o ínclito do meu parente (extremo iste que me favorece, o de parente e o que di), copiado ad pedem litteram segundo a xerga dos xuristas (creo que tamén vale segundo o seu teor):
“... e ti facéndote o andrés, amigo Dilois. Eses grupos tamén son de agresión a bens e, nalgúns casos, a persoas. Os encapuchados hoxe pintan os caixeiros automáticos, incendian con gasolina sucursais bancarias e mañán quén sabe... Ti non pasas do capilar. Hai que penetrar no misterio profundo dos camiños que conducen a esas persoas, deducir das súas pantasmas reais e metafóricas, da masa de avatares que configuran a súa biografía, o por qué desa violencia de cloacas, o por qué dese decorado de inferno suburbano...
-- ... ¡pérdeste, amigo Oautor!. As barricadas con pneumáticos ardendo nas rúas de Santiago son o primeiro aviso. Os intereses españois e os traidores á causa, os desleais ( e ti e eu coñecemos varios) convértense en obxectivos irrenunciables e a atender sin demora.
--¡Pósme os pelos de punta! ¿Hai que precaverse ante o perigo que late nas túas verbas, hai que porse en garda?. ¿Non estarás ti detrás...? Iso dos grupos de autodefensa ten un cheiro a..”.

¿Como rematou a historia...? Estou vivo para contalo, que xa non é moco de pavo, que xa non é pouco. Se vos son sincero, cando acodin a declarar ao Xulgado de Instrucción non era dono das miñas pernas...Toda aquela escenografía impoñer si que impón... Agora que os curas xa non usan sótana, alí ves ti a avogados, procuradores, secretarios, xuíces, todos cunha capa máis negra co carbón, creo que lle chaman toga ou algo así, todo todo, cómo diría, tan tétrico que semella que de entrada xa estás condenado. O certo é que o medo no corpo reinar si que reina...
... probablemente me estivo ben por meter os fociños onde ninguén me chamaba, todo por facerlle caso ao meu asesor xurídico (así me dixo el) entra, entra na Sala que a audiencia pública e aínda tardas máis dunha hora en declarar pois a Súa Señoría ten que atender uns asuntos urxentes... Menos mal que me queda o doce sabor da vinganza persoal: case se desmaia o bo do avogado cando me ve chegar cos tenis, o pantalón vaqueiro e camisa por fóra... a súa cara era todo un poema. Nin puñeteiro caso lle fixera, as súas instruccións paseinas polo...

Esta historia,ao igual que a Lolita do ascensor, forman parte dunha novela que leva por nome Morte na Muralla(unha historia de amor con final feliz) que se pode baixar gratis en internet
Datos del Cuento
  • Categoría: Hechos Reales
  • Media: 5.07
  • Votos: 420
  • Envios: 0
  • Lecturas: 6978
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.149.229.172

0 comentarios. Página 1 de 0
Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.638
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.509
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 55.582.033