Busqueda Avanzada
Buscar en:
Título
Autor
Cuento
Ordenar por:
Mas reciente
Menos reciente
Título
Categoría:
Cuento
Categoría: Metáforas

¡ring,ring¡. -Digame

O semáforo seguía en vermello, diante do meu outros tres coches esperaban, o térmometro escalaba sobre os trintacatro grados e de fondo seguían a soar os cafres.¿Por qué carallo estou aturando esta caravana pra ir á praia?, ¿qué fago eu eiquí achicharrandome?. Ahora soy una alimaña. ¿A que hora sonou o teléfono e por qué o collín?. Mirame a la cara. ¿Por qué respondín que sí a todo o que me indicaba a voz de muller?. No ves que solo estoy. ¿Qué coño querera esta outra vez?. Pero tu ers peor que yo. O semáforo cambiou a verde, meto primeira e sigo o ibiza vermello, iremos a sesenta.
Encendo un cigarro, o sol golpéame pola esquerda, pola dereita un bochorno empalagoso, pos diante o xa aburrido ibiza vermello 1.2 gasolina PO-3741-Z, e por detrás parecen dispararme na caluga fotogramas de recordos pasados, recordos que parecen mais cercanos tras esa chamada. Son as 4:57 PM, menos mal que xa saín con tempo, por que vou chegar apurado, por que mentrs aparco e tal votaráseme a hora enriba. Todo aquello pudo salir bien. Pero non saíu como esperabamos, ou polo menos coma eu esperaba; cando te fas ilusión por algo vaise todo ó carallo, a mellor e deixar que todo rode por si mesmo, que sabia é a natureza.
A cinza de cigarro vai voando por todo o coche, agora o sol pégame un dereitazo, ¡en que pouco tempo cambiou a orde da vida¡. Lo equivocada que estabas. Apuro a calada do chester para reducir e entrar na curva.¡Que rara foi esa chamada¡, xa sabía que eras rara, pero foi tanto tempo; non sei se o que fago está ben, non sei nin sequera se fiarme de ti. O ibiza frea porque o semáforo púxose en vermello, xa van catro que collo cerados; baixo a segunda, punto morto, pedal pisado e apuro unha nova caladiña da colilla rubia que teño na boca. Os cafres, ¡que gran grupo foran¡. Algún día caeré. Eu xa sabía que chegaría o día de volvernos a encontrar, pero non o esperaba agora, hoxe, ¡xa¡. O semáforo abre, primeira e saío. Puseches unha voz modosiña, de doce nena boa, que si fai moito que non nos vemos, que tal, que outra cousa, ..., armas de muller. E quedamos na praia, coa de xente que haberá tal como está o día; pero non, a señorita dixo na praia, nunha das praias mais calurosas e chea de xente que poida haber en vigo; tiña que ser así e así foi. Michica favorita y su droga ideal. Sempre tiveches problemas, eu tamén, pódese dicir que os problemas nos uniron, e comezamos a pelexar,¡moito gustabas de pegarme e revolcarnos coma nenos¡. Collo o desvío á dereita e busco aparcamento, vou despaciño; vai ser difícil aparcar por aquí. Alí parece que colla , terei que manobrar un chisquiño, pero non me apetece buscar outro. Cantas borracheiras, cantos cigarros,cantas risas, ¡que bonito era¡. Pero rematou e non nos volvimos ver, e hoxe, ás 2:41 PM, sonou o teléfono, collíno, e alí estabas de novo.
Pecho o coche e collo outro cigarro, encendóo e diríxome cara a area. No sitio de sempre dixeches, pero alí quedabamos en inverno, cando só estasban as givotas. O sol pega forte, as olas golpean na area repleta de xente, chea de pes coma os meus. Vou dándolle pequenas e rápidas caladas ó chester mentrés o corazón vaiseme acelerando paseniñamente. Achégome o sitio onde tantas tardes pasábamos, ¿ou pasaban por nos?. Despues tu y yo nos iremos a Mexico. Sigo aturdido, esperando algo que non sei moi ben o que é; apuro o cigarro, subo a primeira rocha, saltoa, outra calada. Agora comezo a recordar, escoitábanse voces tra-las túas palabras, seguramente das tuas amigas, as lurpias. E alí estabas, tan guapa coma sempre, coas tuas amigas, tan anoxentas coma sempre. Remato o cigarro, tiro a colilla, mírasme, incorpóraste na toalla, sorris e dis:
-Non volo dixen, sabía que vendría
Distingo as risas das túas amigas, comezo a comprender as cousas. Colgo o teléfono.
Datos del Cuento
  • Autor: iain
  • Código: 2948
  • Fecha: 07-06-2003
  • Categoría: Metáforas
  • Media: 5.18
  • Votos: 315
  • Envios: 0
  • Lecturas: 3941
  • Valoración:
  •  
Comentarios


Al añadir datos, entiendes y Aceptas las Condiciones de uso del Web y la Política de Privacidad para el uso del Web. Tu Ip es : 3.129.67.32

0 comentarios. Página 1 de 0
Tu cuenta
Boletin
Estadísticas
»Total Cuentos: 21.638
»Autores Activos: 155
»Total Comentarios: 11.741
»Total Votos: 908.509
»Total Envios 41.629
»Total Lecturas 55.582.033